Se a presentación de “Os
ecos do vento” en Vigo foi marabillosa, a celebrada na Libraría Lume,
na Coruña, non foi menos.
Chus Fernández na súa intervención
De novo, os ecos dos poemas
desas mulleres que eu escollín para o poemario brillaron nun ambiente
magnífico. Gabriela, Mistral, Cecilia Pisos, Mecedes Calvo e as demais
acompañaron a senllos discursos de Chus Fernández e de Xosé Cobas,
quen volveu explicar dende a súa óptica as fermosas ilustracións de Noemi
Villamuza.
Chus Fernández salientou a miña
traxectoria poética e falou moi positivamente do poemario nas tres vertentes do
mesmo: os poemas, as ilustracións e a edición coidada e con gusto de Kalandraka
Editorial.
Xosé Cobas fala dunha das ilustracións do libro
Sentinme, unha vez máis, moi
ben acompañado por estas persoas que souberon crear interese pola obra e
provocaron unha velada moi cálida.
Moitas grazas a todas e
todos por partillar un tempo precioso arredor da poesía.
Aquí embaixo podedes
escoitar o acto na súa integridade.
A fiestra está aberta e
deixa pasar o aire a xeito de palabras.
Palabras fermosas,
delicadas, intensas, que agariman e bican.
Palabras que son a extensión
dunha muller admirable, poeta toda ela. Poeta cando fala. Poeta cando aperta.
Poeta cando vive.
Francesca Da Silva
reflicte esa poesía intimista que nos encanta.
Francesca é a ternura e a
discreción nas letras do seu nome.
E Francesca Da Silva tiña
que estar en Versos e aloumiños.
Por iso, abrímoslle a porta.
Por iso nós gozamos dos seus
versos.
Agora, gozade vós.
En primeiro lugar, leamos a súa reflexión
sobre a poesía.
Es difícil escoger entre dos
mundos pero al final me quedo con el verbo, la palabra y la rosa.
El poeta ve la estela del ave en
el aire, la angustia del fonema y la sílaba, el santuario del misterio, la luz
desbaratada de sombras, la vida sin desmayo ni derrota de amor ysueños. ¿Dónde nace el canto del poeta?
Francesca Da Silva
E deseguido dous fermosos poemas
dos poemarios Courel ollos de neno e Sueños de un extraterrestre respectivamente.
O Aire
O eco interpreta pezas ao piano, de lonxe no Courel a vida despega as ás.
É imposible volver atopar o camiño do aire.
Chegou a quietude do silencio que non escoito no espello do meu corazón.
Un niño
Vivía en la luz del ocaso, en la entrada hueca de la tierra.
El imperio de las sombras permanece en su camino y un secreto profundo
habita en los polos blancos.
El aliento reza dentro de las cuevas, en sus túneles navega un rey fabuloso
hacia el centro de la tierra.
En su conciencia primaria respiran las estrellas de hielo en una voz.
Quiero ir con usted.
¿A dónde?
A las alas de la luna.
¡Vamos rápido por aquí!
Siempre me dice lo mismo.
Miente, olvida y se va.
Para que el gorrión viva eternamente el zorro tiene que matar.
Las palabras hieren mis pensamientos como si no fueran mías y la sombra se
precipita.
Entiendo el camino de la noche que está vibrando.
La tierra es un hermoso cementerio, es el valor numérico de la vida en el
ombligo de la luna.
Entiendo un instante al profundo vacío.
He sido tantas cosas pero al final no soy nada.
¡Nada!
Un niño mira a los ojos de un árbol y sonríe, se reconoce.
O pasado venres, día 5 de
abril, no Fórum Metroplitano, A Coruña, tivo lugar un acto fermosísimo: POLAVILA
XABIER P. DOCAMPO, na memoria do grande escritor, Xabier Docampo,
que ese día cumpriría 78 anos.
Amigas e amigos,
institucións, asociacións e particulares foron a base dunhas horas de intensa
emotividade, nunha gala baixo a dirección de MªÁnxeles Roca, Paula
Carballeira e Chus Fernández.
Unha exposición
bibliográfica sobre o querido autor, coas adhesións recibidas das bibliotecas
escolares, unha sesión de contacontos para público familiar (Vouche contar
un conto) ou a lectura pública e continuada de Catro cartas,
un dos seus libros, por parte de amizades de Xabier.
Lectura de "Catro cartas"
E a partir das 20:00,
comezou a Gala PolaVila Docampo, no auditorio, conducida maxistralmente
por Paula Carballeira, Isabel Risco e Lois Pérez.
Paula, Isabel e Lois
Iniciouse cun pequeño vídeo
no que escoitamos unhas palabras de Xabier. Emocionante velo e escoitalo.
Xabier P. Docampo
Tras a presentación a cargo
das presentadoras (+Lois), Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín falaron
do homenaxeado con moito agarimo e emoción.
Xavier, Fina e Paco
Deseguido, Daniel Puente
Bello, fillo do escritor, leu os poemas do libro Mans,
apoiado nunhas marabillosas fotografías súas, nun emotivo silencio.
Dores Tembrás, Antía Otero e Antonio
García Teijeiro (Yolanda Castaño non puido asistir) leron poemas das súas
obras.
Dores, Antonio e Antía
De novo, lecturas de textos
de Xabier, nas voces de amizades como Francisco Fernández Naval, Mercedes
Queixas, Irene Penas e Concha Blanco.
Chisco, Mercedes, Irene e Concha
A marabillosa Gala rematou
cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, Antonio Reigosa, María
da Pontragha e Paula Carballeira.
Uxía, a
nosa gran cantora, puxo a súa voz para emocionarnos coas súas cancións. Xunto a boa parte dos participantes e co público posto en pé cerrouse o acto cantando entre todos "O carro" de Manuel María (Fuxan os ventos).
Uxía
E o cartel marabilloso, que
anunciou esta homenaxe, foi obra do enorme ilustrador Xosé Cobas.
Un acto inesquecible para os
que alí estivemos na honra e na lembranza dunha persoa irrepetible. Imposible
esquecer o que ese serán vivimos.
Parabéns ás organizadoras,
porque o seu labor foi lucido e eficiente.
No vídeo que segue a estas
palabras, podedes ver a miña intervención emocionada con dous poemas de Se
falases de min (Cando caen as follas) e de Poemar o mar.
O acto serviu para atopar e abrazar os amigos e amigas, porque as distancias entre nós
non nos permiten un contacto directo. Nestas situacións a emoción e os afectos
estiveron presentes en boa parte dos reencontros.
Mercedes Queixas, Ánxeles Roca, AGT e Antonio Reigosa
Admiro profundamente as
persoas que levan a poesía dentro. As persoas que teñen a lírica como unha
extensión de si mesmas. Que crean en silencio, con humildade, pero cun enorme
talento para sentir e expresar sentimentos e partillalos. Persoas que buscan no
seu interior esa vida rica que as fai moi comprometidas co ser humano.
É o caso de Stella Maris
González Balbuena, que escribe desde dentro, en permanente procura de si
mesma.
Stella Maris González Balbuena
De aí que, dende Versos
e aloumiños, este blog-revista que camiña polos vieiros da
autenticidade, lle solicitamos unha reflexión poética e unha mostra da súa boa
poesía.
Ela, moi amablemente
ademais, enviounos dous poemas -un deles en versión bilingüe) dunha calidade
exquisita, que nos comprace compartir co amplo grupo de seguidores que temos.
Dúas mostras de senllos
poemarios: Alma acróbata (2018) e Prosas rotas (2023)
Moitas grazas, Stella, pola
túa xenerosidade.
"Crebas", de Manuel Sendón
La poesía para mí
Desahogo
de suspiros furtivos del espíritu
Plasmado a través de
palabras procedente de lo recóndito de una misma, unas veces producidas por
emociones internas del microcosmos y otras surgidas de la observación del
exterior (macrocosmos).
Al instante se
convierten en mariposas, lágrimas, dardos en la mente o en el corazón que serán
transmitidos por medio de la palabra escrita u oral.
Comparto de mi poemario Alma Acróbata: Fue
a ti, en su versión bilingüe.
De Prosas rotas: A proposito de
lágrimas.
Ce fût à toi
que je me cramponnai
quand je me précipitai
dans le vide
à travers ce défilé
poursuivie
par d'intimes diables
rendus furieux
C'était une chute libre
à mesure que je tombais
se multipliait
la vitesse acquise
—loi physique implacable—
Je pouvais à peine
ouvrir mes mains
mes bras
ni bouger un membre
de mon corps
Cependant
inconsciemment sans
réfléchir
et de manière impulsive
j'ai levé maladroitement
ma main
désespérée
vers quelque chose
d'humain
dans ma descente fatale
et là je t'ai rencontré
proche
à ma portée
Sans que tu le saches
tu t'es transformé
en un frein solide
à ma chute frénétique
Fue a ti
a quien me así
cuando me precipité
al vacío
por aquel desfiladero,
perseguida
de íntimos diablos
enfurecidos
Era una caída libre
a medida que caía
se multiplicaba
la velocidad adquirida
—ley física implacable—
Apenas podía
abrir mis manos
mis brazos
ni erguir un miembro
de mi cuerpo
Sin embargo
inconsciente irreflexiva
e impulsiva
alcé torpemente
mi desesperada
mano
hacia algo humano
en mi fatal descenso
y ahí te topé
próximo
a mis aledaños
Desconociéndolo
te convertiste
en consistente asidero
en mi frenética caída
Alma acróbata,
2018.
A
propósito de lágrimas
Lágrimas‒riachuelo:
Simétricas
de
sabor agridulce
que
riegan mis labios
Me
deleitáis cuando
tibias
pausadas una tras otra
salís
encadenadas
por el
contorno de los ojos
y
obedientes seguís hasta el vértice
Lágrimas‒río:
Fluido
río
cuya
inundación
deforma
la visión
de sus
riberas
—auténticos
lienzos impresionistas—
Fluis
caváis desordenados
meandros
y desparramadas
rebosáis
de mis cuencos
Os
distanciáis de las órbitas
¡lágrimas
mías!
para
salpicar húmedas
sin
lluvia ni viento
el
vacío lejano
el
inadvertido rostro
Lágrimas‒catarata:
Inagotable
gigantesca
ruidosa
catarata
de
donde emanan sollozos
a
raudales
desde
escarpadas montañas
No
sois deleite
ni
alivio momentáneo
sino
terremoto interno
—bomba
inminente—
Todo
va a estallar:
convulsión
estremecimiento
escozor
Duele
la nariz
el
estómago
los
músculos los ojos
y
hasta el cráneo
Producís
llorona catarata
más
que alivio extenuación
Qué
gran desolación
Que
ningún sorprendido observador pregunte
¿Qué
te sucede?
Si la catarata
estuviera ya a punto de extinguirse
Coa Libraría Cartabón
completamente ateigada de xente, presentouse
o poemario, Os ecos do vento, editado por Kalandraka
Editora, nun ambiente de distensión e alto contido lírico e estético.
Introduciu o acto Paz
Castro, de Kalandraka, e deseguido Alba Piñeiro falou dos poemas
cunha enorme claridade e nun ton afectivo que cativou o auditorio. Fermosa a
súa intervención.
Non menos fermosa e
interesante foi a disertación sobre as ilustracións de Noemí Villamuza
que fixo o prestixioso ilustrador galego, Xosé Cobas, explicando a súa
visión estética sobre o labor da ilustradora.
Para rematar o acto, Antonio
García Teijeiro, autor dos poemas, explicou a xénese do libro e leu
diversos poemas tanto do poemario coma dalgunhas poetas homenaxeadas nel.
Un acto fermoso, cheo de
agarimo polas artes e as letras, que engaiolou o numeroso público.
Se queredes escoitar todo o
que se dixo, tedes embaixo o audio do acto.